Mulleres Matemáticas: 4.Peregrina Quintela Estévez

Desta volta tivemos a oportunidade de reunirnos coa profesora Peregrina Quintela, catedrática de Matemática Aplicada da USC, gañadora do Premio María Josefa Wonenburger Planells.

Preside a PET-MSO-ED (plataforma española de tecnoloxías de modelización, simulación e optimización nun entorno dixital) e é vicepresidenta da EU-Math-In (rede europea matemática industrial).

Mulleres Matemáticas: 3.Carme Cadarso Suárez

Tivemos ocasión de achegarnos á Facultade de Medicina para falar coa catedrática do departamento de Bioestatística, Carme Cadarso Suárez.

Carme promoveu a spin-off académica Biostatech, dirixiu a Rede Nacional de Bioestatística (Biostatnet) e foi directora do Centro Interdisciplinario de Bioestatística (ICBUSC) de carácter mixto e internacional da USC.

Impulsou a iniciativa «Stat Wars: o Imperio dos Datos» co obxectivo de mostrar ao alumnado de ESO e Bacharelato, coa metodoloxía de aprender xogando e baseándose na popular saga cinematográfica, todas as utilidades da estatística.

Esta é a lembranza que temos da nosa entrevista con ela: