Queres coñecer a nosa aula bosque?

No Xelmírez I hai unha aula ao aire libre (a nosa aula bosque) localizada   na centenaria carballeira de San Lourenzo, considerada  “formación senlleira de Galicia”. Nas clases da aula bosque aprendes cos cinco sentidos… e os coñecementos de Bioloxía descóbrelos dun xeito práctico, sacando a científica/o que levas dentro: observamos, investigamos, formulamos hipóteses e experimentamos… Ademais, unha vez que coñeces a importancia ecolóxica da carballeira, o valor dunha árbore, ou que todas as especies estamos “ conectadas”e que a nosa propia saúde depende da saúde do medio ambiente, sentes que queres facer algo. Así  foi como xurdiu o plan chamado “IES Xelmírez I avanzando cara a sostibilidade”e pasamos a acción…

E ti ,queres coñecela?

Alumnado Bioloxía 4ºESO

Elena M. Alonso Prieto: “A produción mineira en Galicia xera máis de 200 millóns de euros e achega o 8% da produción nacional” 

Carla, Lola e Álvaro, alumnos de 3º da ESO, dirixidos pola súa profesora Mariam Rey, demostraron dominio do tema e boas dotes xornalísticas nesta entrevista a profesora Elena Mercedes, da Escola de Minas e Enerxía da UVI

Minería e identidade galega

A minería está íntimamente ligada á identidade do pobo galego. O alumnado de Tecnoloxía de 3º ESO traballou en grupos nos distintos aspectos que vertebran esta vinculación, conformando a nosa paisaxe e a nosa cultura.
 Obradoiros, conferencias, exposicións, reprodución de figuras de Sargadelos… e un longo etc. Canto traballaron estes rapaces e rapazas e canto traballou a súa profesora Marian Rey!