Identidade laboral

O traballo forma parte da nosa identidade. O alumnado de 2º ESO e 3º ESO nas materias de Valores Éticos e Relixión traballou en grupos para averiguar cales son os factores que máis definen a unha persoa, e se o xénero aínda determina a nosa profesión e as nosas afeccións.

Seguen manténdose os estereotipos? Os resultados son sorprendentes ou, se cadra, non tanto.

Compostela no Medievo: Esplendor da Era Compostelá

O reino de Galiza na época medieval, tiña como protagonista a nosa cidade, Santiago de Compostela, que se converteu, grazas ao Camiño, nun dos centros culturais e artísticos máis importantes de toda Europa, só igualada por Roma. Do esplendor desta etapa fálannos Lucas, Carla, Pablo e Ainara.

Compostela no Medievo: Códice Calixtino

Como era a nosa cidade no século XII? Con que perigos se enfrontaba o peregrino que chegaba de Francia? Que pobos e que igrexas ían nacendo á par do camiño? Destes e doutros aspectos de interese dá conta a Guía do Peregrino, libro V do Códice Calixtino, unha xoia da literatura e da música medieval, da que nos falan María, Ane, Sofía e Nerea Yanina.