BEN MEREZO QUE ME COÑEZAS

A análise da nomenclatura do rueiro compostelán permitiulle ao alumnado de 2º ESO detectar discriminacións de xénero e reflexionar sobre como construímos pensamento e, polo tanto, identidades en base a unha tradición cultural. Elas e eles tiveron ocasión de mudar a historia e propoñer nomes alternativos de mulleres galegas de distintas épocas e distintos ámbitos. O 70% das rúas teñen na actualidade nomes de home!

infografía 1/3
infografía 2/3
infografía 3/3

Saudamos con alegría a chegada do 7º club de lectura do centro: LGBTIQ+

No marco do proxecto Tecendo Identidade(s), vén de nacer o club de lectura deste curso! Promovido e coordinado polo Equipo de Igualdade, está concibido como un espazo de recoñecemento no que o noso alumnado se sinta acompañado e conte coa compliciade dos iguais e dos adultos na construción da súa identidade. 

Onte acompañounos Nee Barros, durante tres horas! Falamos da vida, da necesidade de ser quen queiramos ser, e tamén do seu libro Identidade que escribiu cando cursaba 3º de ESO. 

Unha tarde inesquecible, que agardamos vaia fornecendo dos vimbios necesarios para a construción dun mundo máis libre e máis respectuoso coa diversidade.