Despois de entrevistar a mulleres matemáticas destacadas de hoxe, o alumnado de 2º ESO buscou información e elaborou carteis sobre matemáticas do pasado que contribúan a erradicar a invisibilización histórica da muller neste campo.

Rematado o tema de trigonometría, o alumnado de 4º ESO C empregou os novos coñecementos para calcular alturas sobre o terreo.
Para rematar este ciclo de entrevistas que tanto nos achegou, deixámosvos aquí coa decana da Facultade de Matemáticas.
Un dos temas abordados na xuntanza foi a preocupación pola presenza feminina nesta carreira e se se están a desenvolver medidas neste sentido.
Quixemos ter tamén a visión dunha persoa que está a dar os primeiros pasos da carreira investigadora e xuntámonos coa profesora Beatriz Álvarez, investigadora en formación, que se atopa neste momento rematando o seu doutoramento.
A directora científica do recentemente creado CITMAGA (Centro de Investigación Tecnolóxico e Matemático) acolleunos na sé da institución. Explicounos o seu funcionamento e abordou as diferentes liñas de traballo que se desenvolven dende aquí: investigación teórica, puramente matemática; investigación de aplicacións á empresa e unha terceira vía para a conexión co mundo empresarial.